O Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro (GALP) Golfo Ártabro, promove por primeria vez a campaña escolar “ONDAS DE ILUSIÓNS: ESCOLAS DO MAR 2016-2017”

Que é “Ondas de ilusións: escolas do mar”?

A campaña escolar “Ondas de ilusións: escolas do mar” é unha campaña escolar de sensibilización e divulgación dos valores e dos recursos do mar, presentada a través dun completo programa de actividades.

O principal obxectivo é achegar as novas xeracións, escolares de primaria, ó entorno litoral de o Golfo Ártabro Norte, para descubrir in-situ a cultura mariñeira, os recursos naturais e as artes e tradicións pesqueiras relacionadas coa pesca artesanal.  Persegue ademáis, provocar na poboación escolar un cambio de perspectiva cara o respeto do medio mariño e uns hábitos de consumo responsable dos produtos do mar. O mesmo tempo, a través desta campaña, póñense en valor as actividades económicas do sector do mar dunha forma sustentable.

Nesta primeira edición (2016-2017), a campaña pretende ser un referente de divulgación como complemento educativo dentro do programa de actividades escolares dos centros participantes.

 

A campaña vai dirixida a escolares de entre 8 e 12 anos, dos centros públicos educativos do territorio do Golfo Ártabro Norte.

En total 500 participantes dos seguintes municipios: Ferrol, Narón, Neda, Fene, Mugardos, Ares, Cabanas, Pontedeume, Miño e Paderne.

Como pode participar o meu centro?

Cada centro poderá solicitar a participación nas diferentes actividades da campaña de forma completamente gratuíta:

 

Charla Divulgativa e material didáctico

Cada centro participante recibirá unha charla divulgativa na aula sobre o contido da campaña e a posta en valor dos recursos costeiros e a cultura mariñeira da man dunha bióloga mariña. Recibirán tamén o material didáctico que sirve como reforzó educativo e complemento didáctico da xornada de actividades.

 charla

Xornada de excursións e actividades

Nesta edición contamos cun total de 9 actividades de gran interese. Cada centro poderá participar con un ou varios grupos dun máximo de 50 alumnos por grupo. Para as xornadas de excursión cada grupo escolle una, dúas ou tres actividades (dentro do programa adxunto) que máis lle interese realizar durante unha xornada.

As actividades realízanse durante o terceiro trimestre do curso 2016-2017 (Maio e Xuño), durante a xornada escolar, sendo obligatorio o acompañamento dos/as profesores/as responsables durante todas as actividades.

 

Concurso escolar “Ondas de ilusións: escolas do mar 2016-2017”

Os alumnos participantes na campaña poderán participar ademáis nun concurso escolar co obxectivo de que as novas xeracións den a súa perspectiva sobre o mar a través da realización dun conto.

cuento