Zarpamos!

Hoxe comenza a campaña escolar “Ondas de ilusións: escolas do mar”. Unha iniciativa de sensibilización e divulgación dos valores e dos recursos do mar, a través dun completo programa durante tercer trimestre calendario escolar 2016-2017. Na sua primeira edición, a campaña pretende ser un referente de divulgación, consolidándose como complemento educativo dentro do programa de actividades escolares dos centros participantes.

Observacio_Aves                vlcsnap-2017-02-06-11h59m20s425                vlcsnap-2017-02-06-12h33m05s707

O principal obxectivo é achegar as novas xeracións, escolares de primaria, ó entorno litoral do Golfo Ártabro Norte, para descubrir in-situ a cultura mariñeira, os recursos naturais e as artes e tradicións pesqueiras relacionadas coa pesca artesanal. Persegue ademáis, provocar na poboación escolar un cambio de perspectiva cara o respeto do medio mariño e uns hábitos de consumo responsable dos produtos do mar. O mesmo tempo, a través desta campaña, póñense en valor as actividades económicas do sector do mar dunha forma sustentable.

vlcsnap-2017-02-06-14h19m52s858                vlcsnap-2017-02-07-13h49m21s236               vlcsnap-2017-02-06-14h31m37s620

O aspecto educativo aséntase sobre tres piares básicos:

  • Coñecer o entorno litoral e a súa biodiversidade, inculcando valores de conservación e respeto polo medio mariño.
  • Descubrir as xentes, os oficios e as tradicións do mar.
  • Coñecer o xeito de traballar no mar explotando os recursos de forma sustentable.

Leave a Comment

Your email address will not be published.