Confraría de Barallobre co Centro San Isidro

O pasado día 24 de Maio fixemos a primeira excursión da Campaña “Ondas de Ilusións: escolas do mar 2016-2017” promovida polo GALP Golfo Ártabro Norte. Visitamos a Confraría de Barallobre cos alumnos do CEIP San Isidro de Neda. Os escolares de 1º, 2º e 3º de Primaria aprenderon in situ todo o traballo que se realiza nas confrarías.

Primeiro, os alumnos aprenderon a identificar as especies de marisco que se explotan na Confraría de Barallobre. Cesio, o biólogo da Confraría, explicounos os diferentes moluscos que habitan nas rías do noso territorio do Golfo Ártabro Norte. Os escolares comprenderon as principais características dos animais que se comercializan nas Confrarías: o seus hábitats, mecanismos de defensa, alimentación e reproducción, etc.

San.Isidro.1.2.3_4

Despois, os alumnos visitaron as instalacións da Confraría. Puidemos observar o funcionamento da depuradora de mariscos. Deste modo, entenderon a necesidade de depurar marisco recolectado polas traballadoras da Confraría para permitir o seu consumo humano do .

San.Isidro.1.2.3_3

Por último, baixamos á ría para observar in situ os métodos de recolección de marismo a pé. As propias mariscadoras ensináronos os diferentes métodos e as ferramentas utilizadas para a recolecta. Os alumnos intentaron recolectar mariscos coas súas propias mans. Así, recolectando dun en un,  entenderon o concepto de pesca sustentable que permite manter as poblacións de especies mariñas garantizando a supervivencia das próximas xeracións e o coidadado dos recursos. Ademais de coñecer de cerca a pesca artesanal, comprenderon o valor de cada un dos mariscos que comen logo na casa.

San.Isidro.1.2.3_1

San.Isidro.1.2.3_5

Agradecer a Cesio, ás mariscadoras e o resto dos traballadores da Confraría de Barallobre a súa disposición e amabilidad cos nenos e nenas que participan na Campaña “Ondas de Ilusións: escolas do mar 2016-2017”.

Leave a Comment

Your email address will not be published.