Exponav e Barco tradicional cos escolares de Miño e Paderne

Hoxe tivemos en “Ondas de ilusións: escolas do mar 2016-2017” os alumnos máis pequenos de toda a Campaña. Escolares de entre 3 e 7 anos dos concellos de Miño e Paderne.

Bemantes.Etc_2

Primeiro visitamos o Museo de Construción Naval da Fundación Exponav. No Museo o Pirata Fernando estaba a nosa espera. O pobre tiña un tesouro escondido, mais non lograba atopalo. Por iso, axudámoslle coas pistas que estaban escondidas polo museo. Así aprendimos que Ferrol ten o record histórico do mundo na construción de barcos en grada (encima de ramplas). Vimos a evolución dos barcos de vela, aos de vapor e aos de motor. Escoitamos a historia do tráxico naufraxio do “María Magdalena”que tivo lugar en Viveiro, no que os cadáveres de pai e fillo apareceron abrazados, e por iso, o Rey sacou unha Real Orde na que impedía que se embarcaran familiares xuntos. Descubrimos a diferencia entre o timón e o volante ou guía. Adentrámonos nas cuadernas, no camarote e na sala de estar de varios barcos. E por último logramos o ansiado tesouro!

Bemantes.Etc_3

Bemantes.Etc_5

Despois fomos ao Porto a visitar a Cesar e María Jesús. Comprendimos que a construción naval non é solo o noso pasado reflexado no Museo Naval, tamén é o noso presente. Eles, xunto con mais persoas da Asociación de Vela Tradicional Club do Mar de Ferrol, están a traballar para reconstruir e restaurar os barcos que navegaron fai anos polas nosas rías. Deixáronos subir a bordo do Trincado de 13m que están a traballar agora. Unha xoia naval construida no ano 1949 en Pontedeume. Embarcacións que usábanse para transportar cereais, pedras, area o madeira.Bemantes.Etc_6

Agradecer a Conchi e Fernando do Museo Naval Exponav a sua amabilidade e ilusión coa que fan transportarse a tempos pasados cheos de piratas, grumetes e navegantes aos nosos pícaros. E agradecer tamén a Cesar e “Susa” a sua simpatía, invitándonos abordo do seu barco e deixando que os nenos e nenas da Campaña poidan apreciar o duro traballo que leva a restauración de unha xoia naval do noso pasado.

Bemantes.Etc_7

Leave a Comment

Your email address will not be published.