Estación de Bioloxía Mariña da Graña, Dique mareal e Trincado co centro A Gándara

Onte alumnos de 4º de Primaria do Ceip A Gándara participaron na Campaña “Ondas de ilusións: escolas do mar 2016-2017”, promovida polo GALP Golfo Ártabro Norte.

Primeiro, Ana, a Bióloga Mariña da Campaña, impartiu unha charla no centro escolar. Aprendimos así a importancia dos mares e océanos na nosa vida. Coñecimos que os nosos mares tamén teñen corais, que existen animais hermafroditas como os percebes e que hai animais capaces de xerar bioluminiscencia.

A.Gandara_1

Despois, fumos a visitar a Estación de Bioloxía Mariña da Graña, centro de investigación da Universidade de Santiago de Compostela. Este centro é punteiro en estudos científicos, realizando investigación aplicada sobre recursos mariños, toxicoloxía e impacto ambiental, biodiversidade, ecoloxía, etc.

A.Gandara_2A.Gandara_6

 

Alí os escolares coñeceron de primeira mán o labor do persoal investigador, entre eles, Willy, María e Xela.

Puideron ser biólogos mariños por un día, observando invertebrados vivos nos acuarios, mirando pola lupa, imaxinando a mostraxe dende o barco e descubrindo a cantidade de equipamento científico que fai falta para o exhaustivo estudo do medio mariño.

 

A.Gandara_7

A continuación visitamos o Dique Mareal A Cabana. O único dique mareal do Cantábrico, datado a mediados-finais do 1800. Toda unha obra de enxeñería para aquela época, na que a forza das mareas era vital para a reconstrución e reparación de barcos no Dique A Cabana. Aprendimos o funcionamiento do Dique, o uso das comportas e a utilidade do foso para poder traballar por debaixo do barco. Vimos tamén as ruinas dos obradoiros dos traballadores do Dique.

A.Gandara_4

E por último fomos a ver a César, o artesán encargado da restauración de barcos tradicionais. Puidemos embarcanos no seu Trincado “Ría de Ferrol” construído no ano 1949 en Pontedeume e rematado no mesmo Dique Mareal A Cabana. Este barco tradicional navegaba entre as nosas rías para transportar cereais, pedras, area, madeira, etc. Tradicionalmente navegaban a vela, mais cos anos, moitos deixaban de ser Trincados que navegaban a vela, para ser Lanchas que navegaban a motor. Deste modo, os escolares puideron comprender a importancia de conservar a nosa historia naval, xa que os nosos barcos tradicionais levan nas súas velas a historia dos nosos antepasados e a nosa cultura mariñeira.

A.Gandara_5

Agradecer a todos os investigadores da Estación de Bioloxía Mariña da Graña, e de forma especial a Willy, María e Xela, a sua dedicación, paixón e boa disposición na participación da Campaña. Así como a Vituco, director da Graña, por abrirnos as portas da ciencia aos catibos de “Ondas de ilusións: escolas do mar 2016-2107”.

Agradecer tamén a Cesar que nos deixara subir a bordo do seu Trincado “Ría de Ferrol”, ensinara os recochunchos do barco e transmitira aos nenos e nenas da Campaña seu amor incondicional polos barcos tracionais.

Leave a Comment

Your email address will not be published.