Eladia.Mariño_2

Museos de Historia Natural e Construción Naval co centro Eladia Mariño

O 25 de Maio e o 2 de Xuño tivemos na Campaña “Ondas de ilusións: escolas do mar 2016-2017” aos alumnos de 3º e 4º de Primaria do Ceip Eladia Mariño de Cabanas. O primeiro día,  Ana, a Bióloga Mariña da Campaña, impartiu no centro escolar unha charla sobre conservación e biodiversidade mariña.  Falamos da importancia dos mares na nosa vida. Descubrimos que eles nos coidan xa que nos aportan mais do 50% do osíxeno que respiramos, aliméntannos, ofrécennos recursos e postos de traballo, enchen de riqueza e biodiversidade as nosas augas, etc.  É por iso, comprendemos que tamén os mares merecen ser coidados por nós.

O segundo día, tocaba facer a excursión fora do centro. Visitamos o Museo de Historia Natural de Ferrol, no que os escolares poideron aprender os diferentes animais que habitan nas nosas augas. Observamos a Lura Xigante (Architeuthis dux) de 8m que apareceu en Barreiros. Descubriron así que o famoso Kraken existe e que pode chegar a medir 20m!

Eladia.Mariño_1

Os alumnos quedaron fascinados co tamaño do esqueleto da Balea Común (Balaenoptera physalus) que ocupaba casi toda a sala da exposición mariña, 18m. Pero quedaron ainda mais impresionados cando comprenderon o traballo que levou traer o cetáceo ao museo. Esta balea apareceu no ano 2004 en Ponteceso, nunha zona de dificil acceso. Por iso, varias persoas tiveron que diseccionar o animal e precisaron de 2 helicópteros para coller as partes do esqueleto. Ósos que foron despois transportados en camións a un monte de Ferrol, onde foron enterrados durante 26 meses para que larvas, vermes e insectos fixeran o seu traballo descompoñedor. E foi no ano 2014, dez anos despois do seu varamento, cando tiveron financiación para poder montar o esqueleto da balea na exposición.

Eladia.Mariño_6

Aprendemos tamén que a caza da balea aportou beneficios socio-económicos, pero trouxo grandes problemas medioambientais. Facendo que a Balea vasca (Eubalaena glacialis), tan común na nosa costa, sofrira un impacto brutal. Era un animal preciado moi fácil para capturar, xa que nadaba lento, preto da costa, poseía gran cantidade de grasa e flotaba unha vez morto. Por iso, a Balea vasca desapareceu completamente do Mar Cantábrico e agora mesmo o seu estado de conservación encóntrase en Perigro a nivel mundial. De ahí a necesidade de protexer aos cetáceos que aínda habitan na nosa costa, para aprender dos erros que cometimos no pasado. Así como para evitar que os que nadan libres nos océanos, sexan capturados, separados das suas familias e privados de liberdade para levar a delfinarios.
Eladia.Mariño_3

Visitamos tamén o Museo de Construción Naval da Fundación Exponav. O pirata Fernando guiounos polo arte da construción de barcos. Axudámolo coas súas pistas a atopar o escondite do tesouro segredo. Así descubrimos que a palabra Estaleiro o “Astillero” fai referencia ás achas ou “astillas” que aparecian no chán dos mesmos. E aprendimos tamén no nome das diferentes partes dos barcos: codaste, baos, quilla, roda, cuadernas e borda.

Eladia.Mariño_4

Os escolares, como bos grumetes, tiveron que ilustrarse da jerga mariñeira. Entenderon que non é o mesmo botar un barco dende unha grada, ou facer unha flotadora do mesmo desde un dique onde se soben as comportas. E aprendimos que en Ferrol nunca usamos diques para construir barcos. Aquí usamos as gradas para construílos e os diques para remodelalos ou reconstruílos. E foi así, pista a pista, como logramos atopar o cofre coas moedas de ouro! E quen di ouro…di chocolate!

Eladia.Mariño_5

Agradecer a Berta, guía do Museo de Historia Natural, a súa dedicación e as súas minuciosa explicacións. Así como a Conchi e Fernando, do Museo de Construción Naval da Fundación Exponav a súa simpatía e cariño cos nosos nenos e nenas.

Leave a Comment

Your email address will not be published.