Limpeza da praia, especies invasoras e ruta da biodiversidade co Couceiro Freijomil

O martes 6 de Xuño tivemos na Campaña “Ondas de Ilusións” promovida polo GALP do Golfo Ártabro Norte, o CEIP Couceiro Freijomil. Alumnos de 3º e 4º de Primaria, cos que pasamos un día xenial.

Primeiro, fixemos una limpeza da praia O Xuncal (Ares). Levamos luvas e bolsas de lixo para colleitar residuos mariños: bolsas e botellas de plástico, redes e fíos de pesca, cartóns, vidros, cabichas, tiritas e compresas, teas, solas de zapatos, etc. Para iso fixemos grupos e fomos varrendo a praia recollendo todos os residuos que viamos. Ao principio parecía que a praia estaba limpa, pero segundo camiñábamos, dabámonos conta que non era certo. Fixemos un gran traballo en só hora e media. Recollemos 154 cabichas, dúas bolsas de vidros, unha bolsa de papel e cartón, unha bolsa de material sanitario (tiritas, compresas, cepillo de dentes, etc), tres bolsas de redes e fío de pesca e oito bolsas de plásticos!!

Couceiro_1

Na clasificación dos residuos falamos da problemática dos residuos que creamos para as aves, cetáceos e outros animais mariños. Así como do problema dos microplásticos, que se comen os peixes que logo nos comemos nós. Por iso, chegamos á conclusión da importancia que teñen as 3Rs na nosa vida diaria: Reducir residuos, Reutilizalos e Reciclalos.

Couceiro_2

Tódolos datos da limpeza: desde o lugar da limpeza e participantes, ata os tipos de residuos e cantidades, etc., foron documentados para o programa de “Ocean Iniciatives” de “Surfrider Foundation” (organización europea sen ánimo de lucro que traballa para a protección e a valorización dos lagos, ríos, océanos, ondas e costas). Deste xeito, participamos nunha base de datos do impacto dos residuos mariños nas nosas praias de toda Europa.

Couceiro_3

Despois, fixemos un obradoiro de especies invasoras. Aprendemos que as especies invasoras, son aqueles organismos introducidos polos seres humanos fóra do seu hábitat natural. Son especies que poñen en perigo diversidade biolóxica nativa. Mediante unha guía de especies de flora  invasora, fixemos unha andaina polo humedal da A Xunqueira e fomos identificando as especies invasoras. Vimos a margarida africana ou mala herba do Cabo (Arctotheca calendula), entre outros. Tamén descubrimos que o Eucalipto (Eucalyptus globulus Labill) é unha árbore de Tasmania (Australia) e que o monocultivo de zonas costeiras e de ribeiras.

Couceiro_5

Por último, fixemos unha camiñada de biodiversidade por Ares. Con guías de identificación de aves, prismáticos, telescopio, axendas e bolígrafo fixemos un censo de aves. Identificamos cada ave que vimos. Apuntando o nome científico, o nome común, o lugar onde a vimos e o número de aves da mesma especie que atopamos. Deste xeito aprendemos a identificar a Gaivota patiamarela (Larus michahellis) e o Corvo mariño cristado (Phalacrocorax aristotelis), entre outros.

Couceiro_7

Gozamos dun precioso día en contacto coa natureza, aprendendo a fauna e flora que nos rodea, así como coidando os nosos mares e praias.

Couceiro_6

Agradecer aos profesores e alumnos do CEIP Couceiro Freijomil o precioso vídeo que fixeron da excursión. Unha maneira moi bonita de resumir a xornada. Podedes ver o vídeo aquí: no seu blog Gateando no Mundo

 

Leave a Comment

Your email address will not be published.