Visitamos a Confraría de Barallobre co CEIP Santiago Apóstolo

Este luns 12 de Xuño o CEIP Santiago Apóstolo participou na Campaña de sensibilización e concienciación dos recursos do mar “Ondas de Ilusións”.

Santiago_7

Os alumnos de 1º, 2º e 3º de Primaria, recibiron unha charla no centro da importancia dos mares da man da nosa bióloga de mariña da Campaña, Ana de Lara. Falamos da biodiversidade e curiosidades dos animáis do noso mar, dos problemas medioambientais, e de cómo conservar o mar.

Aprenderon así que as algas e plantas mariñas son as que aportan mais da metade de osíxeno que respiramos. Así como que algúns peixes ainda que nazcan femias, poden morrer sendo machos, ao ser capaces de cambiar de sexo. Ou que as redes de arrastre teñen un impacto moi negativo nos nosos ecosistemas mariños e na nosa economía local. Redes de gran tamaño, nas que poderían caber ata 13 avións grandes, que arrastran non só os peixes comerciais que consumimos, senón tamén algas, corais, especies non comerciais, crías e todo o que se atopen no fondo do mar. Sendo por iso a pesca sustentable: como o marisqueo a pé, o curricán ou cacea ou o uso de nasas; unha ferramenta de xestión dos recursos moi importante. Xa que estas técnicas selectivas permítennos elixir as especies que queremos pescar e o tamaño que deben ter. Apoiando ademais a economía local, xerando cantidade de postos de traballo en comparación cos poucos que ofrecen os grandes barcos industriais de arrastre.

Santiago_1

 

Despois da charla, fomos visitar a Confraría de Barallobre. Alí atendemos ás explicacións de Cesio, o biólogo da confraría, para aprender a identificar as diferentes especies de marisco que colleitan. Aprendemos a identificar a zamburiña (Chlamys varia) e a volandeira (Aequipecten opercularis). E ademais descubrimos que a ría de Ferrol é a máis abundante en zamburiña de toda galicia. Así como que a mesma ría é a máis produtiva en ostra salvaxe de Galicia. Producindo 40.000kg de ostra salvaxe (non cultivada).

Santiago_2

Tamén vimos a criba do marisco. Observamos como os berberechos son separados en caixas dependendo do tamaño. E como os máis pequenos, que non eran do tamaño comercial permitido, eran devoltos de novo ao mar.

Santiago_4

Aprendemos a importancia de depurar o marisco, antes da súa venda. Para asegurar que os animais non leven toxinas que poidan ser prexudiciais para a saúde humana. Por iso, na confraría deixan o marisco depurando a 11.5ºC durante 48h.

Santiago_5

Por último baixamos á praia para ver como traballan as mariscadoras. Estivemos con elas na praia, aprendendo as diferentes técnicas e ferramentas que usan dependendo da especie de marisco que queren colleitar. Ademais, deixáronnos ferramentas para poder comprobar con nosas propias mans o custoso traballo que é.

Santiago_8

Agradecer a Cesio o seu entusiasmo e interese para que os nosos nenos e nenas da Campaña aprendan sobre a bioloxía e ecoloxía dos bivalvos que colleitan na Confraría de Barallobre. Así como ás mariscadoras e mariscadores a paciencia e simpatía que teñen cos nosos cativos.

Leave a Comment

Your email address will not be published.