Limpeza da praia San Valentín co CPI A Xunqueira

Este martes, 13 de Xuño tivemos aos escolares do CPI A Xunqueira na Campaña “Ondas de Ilusións”. Tódolos alumnos de Primaria do centro participaron na xornada.

A.Xunqueira_2

Primeiro, os escolares recibiron unha charla da man da nosa bióloga mariña Ana de Lara. Falamos da importancia dos mares na nosa vida diaria e das grandes problemáticas que os poñen en perigo. Aprenderon así que no centro de cada Océano, mediante as correntes mariñas, acumúlanse os residuos que os humanos xeramos. Como o gran continente de plásticos que temos no Océano Pacífico, sendo máis de 47  veces o tamaño de Galicia (1.400.000 km²).

A.Xunqueira_3

Falamos tamén das medidas que podemos tomar para diminuír eses impactos ambientais, a táctica das 3Rs: reducir, reutilizar e reciclar.

A.Xunqueira_4

 

Pero despois da concienciación, tocaba pasar á acción. Por iso, fixemos unha xornada de limpeza da praia de San Valentín, a praia que temos fronte ao colexio. Fomos en grupos, divididos por clases, varrendo a praia. Equipados con luvas e bolsas de plástico reciclado, recollendo todos os residuos que atopabamos na praia. Recollemos de todo: cabichas, plásticos, redes de pesca, cartóns, compresas, solas de zapato, botellas de plástico, chaquetas, botas de auga, vidros, cerámicas, calcetíns, etc.A.Xunqueira_6

En total, recollemos 22 bolsas de residuos mariños. Tódolos datos da limpeza: lugar, participantes, tipos de residuos, cantidades, etc., foron documentados para o programa de “Ocean Iniciatives”. Este programa é de “Surfrider Foundation”, organización europea sen ánimo de lucro que traballa para a protección e a valorización dos lagos, ríos, océanos, ondas e costas. Deste xeito, colaboramos nunha base de datos do impacto dos residuos mariños nas nosas praias de toda Europa.

A.Xunqueira_7

 

Leave a Comment

Your email address will not be published.