Cuentos_10

Premio do concurso de contos!!

 

O pasado venres, 9 de xuño foi o último día para a entrega de contos do “Concurso de Contos Ondas de ilusións 2016-2017”.
Cuentos_1

 

Foron moitos os contos que nos chegaron. Contos cheos de concienciación, no que o coidado dos mares foi o principal tema.

 

Cuentos_2

 

Pero tamén recibimos contos nos que os técnicos e profesionais que os escolares coñeceron durante a campaña foron os protagonista: mariscador@s, investigador@s, carpinteir@s de rivera, etc.

 

Cuentos_3

 

Todos os contos, cheos de ilusión e paixón polo mar. Interese polos seus oficios, as súas xentes e os seus recursos.

 

Cuentos_4

 

Por todo iso, queremos agradecer a todos e cada un dos participantes. Grazas de verdade, polo tempo, mimo e dedicación que empregastes para imaxinar e contar cada historia.

 

Cuentos_5

 

Grazas tamén a todos aquel@s profesor@s que investistes o voso coñecemento e tempo para motivar aos alumnos, mellorar os seus contos e enviárnolos.

 

Cuentos_6

 

Non podemos compartir aquí tódolos vosos contos. Pero con todos estes pequenos fragmentos das vosas historias, queremos facervos unha merecida homenaxe. 

 

Cuentos_7

 

Foi moi difícil a elección do conto gañador.

 

Cuentos_8

 

A gañadora do concurso de foi Clara Magariños Saavedra, do Ceip As Mirandas (Ares), co conto: “Un fondo mariño máxico”.

 

Cuentos_9

 

Felicidades a Clara e a toda a súa clase! Mañá toda a clase de 6ºB das Mirandas gozaremos dunha xornada de Kaiak e Medioambiente. O mellor plan, para gozar da nosa costa!

Leave a Comment

Your email address will not be published.