Premio_1

Premio polas Fragas do Eume con 6ºB de As Mirandas

Onte, 16 de Xuño, tivemos na campaña “Ondas de Ilusións” promovida polo GALP Golfo Ártabro Norte aos alumnos das Mirandas.

Premio_11

Era un día moi especial, porque era o día da celebración do premio do Concurso de Contos. Concurso que gañou Clara, e grazas a ela, toda a clase de 6ºB puido gozar dun día xenial.

Premio_10

Fixemos unha ruta en kaiak polo Eume. E seguimos aprendendo sobre o medioambiente, mentres faciamos deporte. Apredimos que “Fragas do Eume”, é un parque natural desde 1997, e tamén é un LIC (Lugar de Interese Comunitaria). Os seus fragas están consideradas un dos mellores exemplos de bosque atlántico do continente europeo.

Premio_7

Remamos polas augas do río Eume. É un río que nace na Serra do Xistral, e atravesa os municipios de Abadín, Xermade, Muras, As Pontes de García Rodríguez, Monfero, A Capela, Cabanas e Pontedeume.

Premio_6

O remar polo Eume, foi unha oportunidade perfecta para poder identificar in situ algas como a leituga de mar (Ulva lactuca) ou praderías mariñas de Zoostera noltii. Falamos así da cantidade de nutrientes que achegan para as aves que habitan no Eume. De feito, observamos unha Garza real (Ardea cinerea), varios lavancos (Anas platyrhynchos) e Gaivota chorona (Chroicocephalus ridibundus), entre outro.

Premio_5

Os bosques de ribeira do parque están cheos de ecosistemas de elevada biodiversidade. Tradicionalmente foron moi explotados polos humanos, pola riqueza e fertilidade dos chans. Por iso son ecosistemas pouco frecuentes e conservados unicamente en zonas illadas, como estas fragas.

Premio_3

A árbore con maior presencia no parque natural é o Carballo (Quercus robur). Así como os Castiñeiros (Castanea sativa), que  prosperar máis rapidamente e dan froito para o consumo humano. O Bidueiro (Betula celtiberica) ocupa tamén zonas tradicionais dos bosques de ribeira.

Premio_4

Foi un día único no que gozamos da natureza, do deporte e da boa compañía.

Premio_2Agradecer a Cristina e Laura, do Club KDM de Cabanas a súa simpatía e profesionalidade para que o día fose xenial.

Leave a Comment

Your email address will not be published.