San.Isidro.4.5.6_8

Ruta da biodiversidade cos escolares de San Isidro

Onte tivemos na Campaña “Ondas de ilusións: escolas do mar 2016-2017” promovida polo GALP Golfo Ártabro Norte aos alumnos de San Isidro. Esta vez foron os escolares de 4º, 5º e 6º de Primaria os que viñeron de excursión.

San.Isidro.4.5.6_3

Fixemos unha xornada de biodiversidade por Ares. Para o que, equipamos aos escolares con prismáticos, guías de flora e guías de aves. Os alumnos, divididos por clases, fixeron un censo das diferentes especies de organismos que fomos atopando durante o día.

San.Isidro.4.5.6_5

Primeiro fomos de camiñada polo humidal de “A Xunqueira”. Fomos en camiñando sigilosamente para molestar o menos posible os habitantes do humidal e poder así observalos.

San.Isidro.4.5.6_7

Cada vez que viamos un ave, identificabámolo mediante as guías. Así, apuntabamos cada un no noso caderno: o nome común da especie, o nome científico e a cantidade de animais desa especie.

San.Isidro.4.5.6_6

No censo de aves, aprendemos a identificar, entre outros, o Ánade azulón (Anas platyrhynchos). Descubrimos así que os comunmente chamados patos, son ánades azulones. E que levan ese nome pola pequena zona de plumaxe azul que teñen nas ás. Vimos femias e machos, e grazas a iso, puidemos aprender que nas aves moitas veces ocorre o que chamamos “dimorfismo sexual”. É dicir, que presentan variacións na fisonomía externa, como a forma, a coloración ou o tamaño entre machos e femias dunha mesma especie.

San.Isidro.4.5.6_1

Despois fomos a facer outra ruta por un ecosistema totalmente diferente. Empezamos a camiñar na praia de Ares e fomos cara ás puntas de Sardiñeiro e Centeás. Así pasamos por dúas praias: Centeás e Estacas.

San.Isidro.4.5.6_2

Vimos nesta segunda ruta, que o ecosistema mariño e o humidal difiren moito en vexetación e aves. Aprendemos que as aves limícolas do humidal, non teñen nada que ver en canto a anatomía e bioloxía coas aves mariñas das praias. As patas finas e alongadas que evitan afundirse ás limícolas. Fronte ás patas máis ríxidas das mariñas. Así como a diversidade de cores que se observan nas terrestres e a pouca variación de cor que hai nas mariñas, para camuflarse na súa contorna.

San.Isidro.4.5.6_4

Un precioso día en contacto coa natureza, no que aprendemos o importante que é coidar a nosa costa e evitar o uso descontrolado de plásticos polo ben das aves e o resto de fauna/flora costeira.

 

Leave a Comment

Your email address will not be published.