Andrade_5

Estación de Bioloxía Mariña da Graña (USC) co CEIP Plurilingüe de Andrade

Este xoves 22 de Xuño tivemos na campaña “Ondas de ilusións 2016-2017” promovida polo GALP Golfo Ártabro Norte os escolares do CEIP Plurilingüe de Andrade.

Primeiro, os alumnos de 3º e 4º de primaria recibiron unha charla no centro da man de Ana de Lara, a bióloga mariña da campaña. Durante a charla, os escolares aprenderon por unha banda, o importante que son os mares para a nosa vida diaria: achega de osíxeno, recursos, postos de traballo, etc. Por outro, a características da auga de mar e os fenómenos que ocorren no mar. Ademais descubriron a gran biodiversidade das augas do noso territorio: plantas mariñas, algas, poríferos, cnidarios, moluscos, peces, cetáceos, etc. Así como os impactos que os humanos exercemos no noso mar e as medidas que podemos tomar para conservalos: zonas de protección, pesca artesanal sustentable e educación, entre outras.

Andrade_1

Despois da charla, desprazámonos á Estación de Bioloxía Mariña da Graña (EBMG), centro de investigación da Universidade de Santiago de Compostela (USC). A EBMG é un centro punteiro en estudos científicos relacionados co medio mariño, sobre todo relacionados coa fauna e a flora mariñas de Galicia.
Andrade_2

Da man de Willy (investigador, xefe da estación) e Xela (investigadora en bioloxía mariña) puidemos ver en que consiste o seu traballo. Aprendemos sobre equipamento científico: a diferenza entre unha lupa e un microscopio, os aparellos de mostraxe, as máquinas de tamizado, etc.

Andrade_3

Tivemos a oportunidade de ser biólogos mariños por un día. Observamos á lupa varios moluscos. Descubrimos como se clasifican en diferentes botes os animais e o sedimento que colleitamos nas mostraxes. Aprendemos que se pode ir mergullar cun traxe seco que che permite mergullar sen mollarche. Sorprendémonos/Sorprendémosnos coa cantidade de aparellos que existen para poder investigar.

Andrade_4

Foi un día xenial. E grazas a ese día démonos conta o importante que é seguir aprendendo e investigando sobre os nosos mares e os seus habitantes!!

Agradecer a todos os investigadores da EBMG a súa amabilidade, simpatía e agarimo hacia os nosos nenos e nenas da Campaña. En especial a Willy, Xela e María as súas interesantes explicacións sobre os traballos de investigación que levan a cabo e por transmitir o amor cara á ciencia aos nosos escolares.

Leave a Comment

Your email address will not be published.