Obras de arte dos alumnos de Bemantes
Os escolares máis pequenos da campaña “Ondas de ilusións: escolas do mar 2016-2017” de 4º, 5º e 6º de Infantil e de 1º e 2º de Primaria enviáronnos estes preciosos debuxos.
Mediantes os debuxos os nenos e nenas de Bemantes cóntannos a súa experiencia na Campaña.
Grazas a estes debuxos, podemos entender que significa para eles o mar.
Expresan os oficios relacionados co mar.
Os deportes que practicamos no mar.
O seu amor e paixón polo mar.
Os habitantes dos nosos mares.
Os ecosistemas mariños.
As marabillas da nosa costa.
E de costas remotas.
Expresan experiencias e vivencias.
A súa imaxinación e arte.
As súas creacións.
Grazas por todo ese tempo de dedicación e minuciosidade.
Grazas de corazón a todos os alumnos e alumnas de Bemantes. E por suposto a Tudita, a súa profesora.