Comezan as saídas de Ondas de Ilusións

A pesar de que o tempo non acompañou moito, os participantes de ‘Ondas de ilusións’ armáronse de valentía e xa fixeron a primeira saída didáctica!
Estas saídas son o complemento a todo o que se aprendeu nas aulas no mes de maio sobre os recursos locais mariños e a súa sustentabilidade. Os lugares que desde hoxe visitarán os nenos e nenas, a elección dos centros, son:

Unha visita á Confraría de Pescadores de Barallobre, na que se achegarán á diversidade do mar como xerador de riqueza e emprego.
Un roteiro pola vila mariñeira de Mugardos, no que poderán descubrir o xeito no que o mar define os lugares que habitan as persoas a carón del.
Unha actividade de limpeza na praia de Cabanas, a través da cal descubrirán o impacto da acción humana sobre o medio.
O xogo da praia viva en Bestarruza, Mugardos, unha actividade lúdica destinada a relacionarse cos areais desde o respecto e o coidado.

Estas actividades, dirixidas por unha educadora ambiental co apoio de especialistas que traballan directamente nestes espazos, pretenden afondar nos obxectivos do proxecto: sensibilizar e divulgar os valores dos recursos do mar, promovendo o respeto do medioambiente e salientando a riqueza da biodiversidade e da cultura asociada ao mar e aos recursos locais.

 

Este é o calendario de visitas para este mes:

6 de xuño:
O estudantado de 3º do CEIP Gándara visitou Barallobre e Mugardos.

7 de xuño:
O estudantado de 5º de primaria do CEIP Manuel Masdías, visitará Barallobre e Mugardos.

8 de xuño:
O estudantado de 5º e 6º de primaria do CEIP Maciñeira visitará Mugardos e Cabanas.

11 de xuño:
O estudantado de 3º o 4º de primaria do CEIP Plurilingüe Os Casais visitará Barallobre e Mugardos.

12 de xuño:
O estudantado de 4º e 5º do CEIP Eladia Mariño visitará Mugardos e Cabana.

13 de xuño:
O estudantado de 5º de primaria do CEIP Couceiro Freijomil visitará Barallobre e Mugardos.

15 de xuño:
O estudantado de 4º de primaria do CEIP Isaac Peral visitará Barallobre e Mugardos.

19 e 20 de xuño:
O estudantado de 5º e 6º do CEIP As Mirandas visitará Mugardos.

 

 

Leave a Comment

Your email address will not be published.