Diario de a bordo do CEIP A Gándara, Narón

Despois da sesión na aula na que coñecemos á ameixa Tareixa, que nos explicou como é o mar no que vive e o importante que é mantelo limpo, o día 6 de xuño as clases de 3ºA e 3ºB fomos de excursión a Mugardos e Barallobre.

A verdade é que o día estaba un pouco feo e chuviscou todo o tempo, pero mesmo así aproveitamos ben a saída!

Primeiro fomos ata Mugardos, onde fixemos un xogo no que descubrimos que especies animais e vexetais había no entorno e cal é a contaminación que máis as ameaza. Despois, merendamos en Barallobre, porque alí xa nos agardaba Cesio, o biólogo mariño, que nos explicou na Confraría como é o mundo da ameixa Tareixa e o das persoas que traballan con ela. Ademais, Cesio levounos de paseo pola lonxa e o acuario. Vimos unha chea de moluscos diferentes!

Leave a Comment

Your email address will not be published.