Diario de a bordo do CEIP Maciñeira, Neda

O estudantado de 5º e 6º de primaria do CEIP Maciñeira de Neda fomos de excursión a Mugardos e Cabanas o 8 de xuño! Primeiro, en Mugardos, puidemos ver como é unha vila mariñeira e cales son os oficios e as tradicións relacionadas co mar. Despois movémonos ata a praia da Magdalena de Cabanas. Alí coñecemos un pouco da historia, da xeoloxía, da flora e da fauna do lugar. Moito xa o sabiamos, porque tivemos na aula unha sesión na que aprendemos como é o mar que nos rodea, e todos os seres que viven nel. Antes de marchar, fixemos unha pequena limpeza na praia. A ameixa Tareixa estaría ben orgullosa de nós, por todo o que aprendemos!

Leave a Comment

Your email address will not be published.