Diario de a bordo do CEIP Plurilingüe Os Casais, Fene

Os cursos de 4º e 5º de primaria fomos de excusión o 11 de xuño á Confraría de Barallobre. Encantounos a visita, porque xa coñecéramos na clase á ameixa Tareixa e a outros peixes e moluscos que viven nas nosas rías, pero en Barallobre puidemos velos de perto nos acuarios e saber máis sobre como son, como viven e que se fai con eles da man dun biólogo mariño.

Merendamos no parque de Barallobre e, despois, fomos ata Mugardos, a xogar na praia. A través do xogo coñecemos as especies de árbores que rodean o mar, identificamos as cunchas cos animais aos que pertencen, e recollemos o lixo que deixan as persoas na praia, ou que arrastra o mar. Agora sabemos o importante que é non ensuciar as praias, reciclar e usar menos plásticos no noso día a día!

Leave a Comment

Your email address will not be published.