Diario de a bordo do CEIP Couceiro Freijomil, Pontedeume

A ameixa Tareixa veu cun receitario debaixo do brazo! Ou case mellor… dentro da cuncha!

A través destas actividades, que se entregaron na aula ás profes, fixemos actividades relacionadas co coidado do mar, e aprendimos o importante que é que o tratemos ben.

Por iso chegamos ás actividades do día 13 de xuño con moitas ganas de coñecer de primeira man todo o que aprendéramos na clase. Primeiro, visitando Mugardos, onde fixemos un roteiro interpretado sobre os oficios vencellados ao mar, a xeografía e a historia da vila. Coñecemos o traballo das mariscadoras e algunhas ferramentas de traballo, como as nasas!

Despois achegámonos á praia da Bestarruza, onde fixemos o xogo da ‘Praia viva’, no que tivemos que superar cinco retos relacionados coas especies de árbores da praia, a vila que queda detrás dela, as cunchas que podemos atopar na area e o lixo que arrastra o mar.

E para rematar a mañá… saímos en barca pola ría! Desde o fondo do mar, seguro que a ameixa Tareixa e as súas amigas nos saudaban!

Leave a Comment

Your email address will not be published.