Xa temos gañador do Concurso de narración “Ondas de Ilusións”!

Despois dunha difícil deliberación, o xurado decidiu que gañaba o Concurso de narración o conto “Super ameixa Tareixa”, escrito por Martin Mendez Agras da clase 3ºB do CEIP A Gándara de Narón.

Á hora de deliberar, destacouse a orixinalidade do conto, no que a ameixa Tareixa se convirte nunha superheroína que recolle o lixo e loita contra a contaminación do mar. O conto remata cun convite a protexer o mar recollendo o lixo que xeramos. No seu fallo, o Xurado destacou que os valores aprendidos no programa Ondas de Ilusións foron perfectamente integrados, e levados ao mundo da fantasía dos heroes e os superpoderes.

Ademais, sinalaron a gran calidade de todos os traballos que se presentaron, setenta en total, e felicitan a cada un dos seus autores e autoras.

 

O Xurado estivo composto por Diana Gelpi Villares, mariscadora de Mugardos e colaboradora no programa Ondas de Ilusións e Lara Dopazo Ruibal, xornalista e escritora.

Leave a Comment

Your email address will not be published.