Diario de a bordo do CEIP Isaac Peral, Ferrol

As alumnas e alumnos de 4º recibimos nas nosas clases á ameixa Tareixa e todas as súas amigas, que nos explicaron onde e como viven, como é o mar que habitan e as persoas que traballan nel.

Cando saímos de excursión cara Barallobre, o día 15 de xuño, xa sabiamos unha chea de cousas, pero aprendimos moitas máis da man do biólogo Cesio, que coñece moi ben á ameixa Tareixa e ás súas compañeiras, e que nos amosou os acuarios cheos de bivalvos e máis nos explicou como funciona a lonxa.

Para rematar o día, fomos ata a praia da Bestarruza, onde fixemos o xogo da Praia viva e vimos cos nosos propios ollos a cantidade de lixo que arrastra o mar ata a area. Acompañounos á praia Cesio, que nos axudou a entender como afecta o lixo á natureza. Aprendemos que ter o mar limpo é cousa de todos e todas!

Leave a Comment

Your email address will not be published.