Caderno de a bordo do CEIP As Mirandas

Os estudantes de 5º e 6º do CEIP As Mirandas de Ares fomos esta semana a Mugardos e fixemos alí unha chea de actividades. Primeiro, un roteiro no que descubrimos aquelas cousas que fan distinguir a unha vila tradicionalmente mariñeira. Despois baixamos á praia, para buscar os seres que habitan nesas rochas ás veces cubertas pola marea alta, e ás veces descubertas na marea baixa: atopamos algúns bivalvos, cangrexos e algas, e aprendemos a diferencialos. Por último xogamos ao xogo da praia viva, a través

Durante a excursión puidemos ver todas aquelas cousas que aprendéramos na aula no mes de maio, da man da ameixa Tareixa e mais dunha educadora ambiental, que xa nos falaran da biodiversidade das nosas rías e da necesidade de reciclar e non contaminar no noso día a día, tendo especial coidado cos plásticos, que están a colonizar o océano!!!

 

Leave a Comment

Your email address will not be published.