O vídeo de Ondas de Ilusións

A ameixa Tareixa e os seus amigos xa están no fondo da ría dicíndonos ata pronto, porque rematou o curso e  con el o programa Ondas de Ilusións.

Para que teñamos unha mostra das cousas que aconteceron neste Ondas de ilusións do curso 2017/2018 deixámosvos este vídeo, no que se dá conta do que aprenderon dentro e fóra da aula as alumnas e alumnos dos centros escolares Manuel Masdías de Caranza (Ferrol), As Mirandas de Ares, Eladia Mariño de Cabanas, os Casais de Fene, Isaac Peral de Ferrol, A Gándara de Narón, A Maciñeira de Neda e Couceiro Freijomil de Pontedeume.

Despedímonos ata o curso que vén. Gozade do verán!!!

 

Ondas de Ilusións – Escolas de Mar from Rexenerando on Vimeo.

Leave a Comment

Your email address will not be published.