As Ondas de Ilusións continúan até outubro!

A ameixa Tareixa pasou o verán gozando da ría cos seus amigos e amigas, pero xa está de volta para achegarse aos centros de primaria Masdías, Esteiro, Recimil, A Laxe e Castro Baxoi. Entre setembro e outubro, iremos con ela a estas escolas de Ferrol e Miño para explicarlle ás nenas e nenos como son os animais que viven no mar, que oficios humanos e cultura están máis relacionadas co litoral, cales son as principais ameazas ao medio mariño e que podemos facer entre todas para que o mar se manteña limpo.

Ademais, e para poder ver cos seus propios ollos todo o que aprendemos na aula, visitarán o Museo de Historia Natural ou a confraría de Barallobre.
Entre maio e xuño deste mesmo ano, 311 nenos e nenas de distintos puntos do Golfo Ártabro tiveron xa a oportunidade de se achegar á riqueza natural e social das súas rías, implicándose ademais no coidado do litoral e comprometéndose coa sustentabilidade.
Estade atentas, que seguiremos informando!

Leave a Comment

Your email address will not be published.