A Ameixa Tareixa despídese por este ano

O CEIP A Laxe (Ferrol) foi o último en recibir a visita da Ameixa Tareixa na aula. Os nenos e nenas deste centro descubriron da man deste personaxe das nosas rías toda a riqueza que agochan os fondos mariños, o valor dos oficios tradicionais, e os problemas de contaminación aos que se enfrontan as diversas especies. Fixemos especial fincapé na presenza dos plásticos e na nosa capacidade para incidir a nivel local en problemas globais coma o cambio climático.

Aínda que o traballo nas aulas remata aquí, as visitas ao Museo de Historia Natural e a Confraría de Barallobre seguiranse desenvolvendo ao longo do mes de novembro, onde as distintas profesionais achegarán outras perspectivas sobre a vida nos mares.

O alcance íntegro do programa Ondas de Ilusións 2018 foron 30 grupos, 13 centros de ensino, 8 concellos, e 646 nenos e nenas. Todos eles e elas agora un pouco máis conscientes da importancia de coñecer e coidar os océanos grazas á Ameixa Tareixa.

Leave a Comment

Your email address will not be published.