A continuación tedes o listado de actividades que podedes realizar dentro do programa escolar, escollendo un mínimo de unha e un máximo de tres opcións para facer durante unha xornada. Para cada actividade podedes descargarvos o contido didáctico específico para primaria, que servirá como reforzo para traballar na clase.

Nesta primeira edición temos un total de 9 actividades divididas, todas na mesma área xeográfica do Golfo Ártabro Norte:


LIMPEZA DE PRAIAS

 

E6T765 Plastic Waste washed up at shore, Turneffe Atoll, Caribbean, Belize

Os escolares coñecerán a problemática da contaminación mariña. Organizamos unha sesión de recollida e clasificación de residuos nunha praia do entorno. Aprenderemos a importancia de reducir, reutilizar e reciclar. Visita acompañada por unha bióloga mariña. Duración 2h. Dispoñible de luns a venres.

 

Ficha didáctica: Primaria


RUTA DA NATUREZA NA RÍA DE ARES

 

Ria_Ares

Guiada por unha bióloga mariña, esta ruta a pé pretende achegar aos escolares ao entorno litoral, descubrir e observar a multitude de especies de aves e de fauna e flora mariña. Duración 2h. Dispoñible de luns a venres.

 

Ficha didáctica: Primaria


 OBRADOIRO DE ESPECIES INVASORAS

 

carpobrotus_edulis

Acompañados dunha bióloga mariña, os participantes aprenderán sobre a problemática das invasións de especies alóctonas. Coñecerán as estratexias destas especies para colonizar novos entornos. Duración 2h. Dispoñible de luns a venres.

 

Ficha didáctica: Primaria


MUSEO DE HISTORIA NATURAL DA SGHN

 

sghn-museo-de-historia

Este museo contén unha enorme colección de restos biolóxicos de fauna e flora, ademais dunha das máis espectaculares exposicións de mamíferos mariños de España. Duración 1h 30min. Dispoñible de martes a venres. Máx. 25 participantes.

 

Ficha didáctica: Primaria


 ESTACIÓN DE BIOLOXÍA MARIÑA DA GRAÑA

 

Graña

Este centro de investigación da Universidade de Santiago é punteiro en estudos científicos relacionados co medio mariño. Realizan traballos dirixidos a entender dinámicas nas diferentes especies de fauna e flora mariña, ecoloxía e zooloxía así como contaminación e cambio climático no entorno litoral. Duración 1h 30min. Dispoñible de luns a venres. Máx. 25 participantes.

Ficha didáctica: Primaria


MUSEO DE CONSTRUCIÓN NAVAL EXPONAV

 

Museo_Construccion_Naval_2

Neste espazo podemos coñecer a historia da construción naval. Percorreremos as diferentes técnicas de construción e servizos dun buque. Nesta visita teremos tamén a oportunidade de descubrir diferentes salas temáticas como a adicada aos asteleiros Astano, á Armada e os seus buques escola, aos Portos, etc. Duración 1h 30min. Dispoñible de luns a venres.

 

Fichas didácticas: Infantil e Primaria


DIQUE MAREAL DE A CABANA E BARCO TRADICIONAL

 Dique_A_Cabana

Con máis de 200 anos é probablemente o dique mareal máis antigo de España. Coñeceremos a historia da construción de buques no noso territorio. Visitaremos tamén unha embarcación tradicional, xoia da construción naval. Duración 2h. Dispoñible de luns a venres.

 

Ficha didáctica: Infantil e Primaria


“PESCADERÍA” MERCADO DE PEIXE DE A MAGDALENA DE FERROL

 

Pescaderia_Mercado

Nesta visita a un dos mellores mercados de peixe do territorio aprenderemos a distinguir as distintas especies, o seu hábitat, forma de captura, trazabilidade e, sobre todo, como se limpa, filetea e conserva o peixe. Visita acompañada por unha bióloga mariña. Duración 1h. Dispoñible de luns a venres.

 

Ficha didáctica: Primaria


CONFRARIA DE BARALLOBRE

 

Cofradia_Barallobre

Veremos in-situ o traballo das mariscadoras, aprenderemos as ferramentas utilizadas e os animais que habitan nesta zona intermareal da ría. Observaremos o funcionamento dunha depuradora de moluscos e aprenderemos a identificar as diferentes especies de moluscos comerciais do noso territorio. Duración 2h. Dispoñible de luns a venres.

 

Ficha didáctica: Primaria