Concurso “Ondas de ilusións: escolas do mar 2016-2017”

Cada clase participante na campaña poderá participar no concurso “Ondas de ilusións: escolas do mar 2016-2017”. Os alumnos deberán presentar un conto no cal se trate algún dos temas da campaña. O concurso ten como obxectivo fomentar o interese polo mar e o medio mariño: a biodiversidade, os recursos, as tradicións, as xentes e a necesidade de conservación do entorno e da aplicación de medidas que garantan un futuro sustentable.

A temática do conto ten que tratar polo menos algún dos seguintes puntos:

  • Medio mariño

  • Recursos mariños e biodiversidade

  • Pesca sustentable e marisqueo

  • Oficios e cultura mariñeira

 

Cada clase pode presentar o número de contos que queira, sen exceder o máximo de un conto por cada alumno. Varios alumnos poderán escribir conxuntamente un conto.

Data límite do envío de contos a “ondasdeilusions@gmail.com” é o 9 de Xuño de 2017 as 14h.

A clase gañadora deberá ser acompañada na actividade do premio por os respectivos/as profesores/as responsables.

Bases do concurso