QUE É ONDAS DE ILUSIONS?

Trátase dunha campaña de sensibilización escolar que ten como obxectivo o coñecemento do medio mariño, a contaminación dos plásticos no mar, o cambio climático e biodiversidade, a pesca sustentable e os recursos pesqueiros. Lévase a cabo nas rías do Golfo Ártabro Norte, traballando nos municipios que teñen saída ao mar de Ares, Cabanas, Fene, Ferrol, Miño, Mugardos, Narón, Neda, Paderne e Pontedeume.

A QUEN SE DIRIXE?

O proxecto está dirixido ao alumnado dos cursos de 3º, 4º, 5º e 6º de Primaria dos centros públicos no territorio do Golfo Ártabro Norte: nenos e nenas de entre os 9 e 12 anos de idade, podendo incorporarse outros niveis educativos se así o solicitan as escolas.
Tamén se dirixe ao profesorado de Educación Primaria, en especial das materias de Ciencias Naturais e Valores Sociais e Cívicos, dadas as temáticas tratadas: Ecosistemas e características do medio físico, relacións entre os seres vivos e cadea alimentaria. Contaminación, reciclaxe. Animais (facendo fincapé na fauna e recursos da zona, que coñecerán de primeira man nas saídas realizadas ás nosas rías).
As familias do alumnado poderán desfrutar conxuntamente de actividades de coñecemento do medio mariño e ambiental a través dos “Sábados en Familia” (visita guiada ao Museo de Historia Natural da “Sociedade Galega de Historia Natural”).
Diversos axentes sociais do sector da pesca e marisqueo (pescadores, mariscadoras/es, redeiras, clubes naúticos, etc.) participan destas xornadas de sensibilización, achegando ao público infantil as súas experiencias e o seu día a día.

Este proxecto está financiado polo Fondo Europeo Marítimo e da Pesca (FEMP 2014-2020), xestionado a través da Consellería do Mar (Xunta de Galicia). Podes ver máis información en:

GALP GOLFO ÁRTABRO NORTE

Web: https://galp.xunta.gal/

Blog: http://galpgolfoartabronorte.blogspot.com.es/

E a través das Redes Sociais do GALP:

FACEBOOK     TWITTER   INSTAGRAM    LINKEDIN