Diario de a bordo do CEIP Eladia Mariño, Cabanas

A ameixa Tareixa veu ás clases de 4º e 5º de primaira a explicarnos como é o mar no que vive e que outras especies viven con ela: coñecimos canda a ela a Ramón o mexilón e a Marisa a robaliza! Aprendimos que precisan para vivir e cales son as principais ameazas que os poñen en perigo: especialmente o lixo e os plásticos!

Por iso escollemos facer unha excursión á praia da Magdalena, o día 12 de xuño. Nela, fixemos algúns xogos a través dos que aprendimos que lixo hai na praia e de onde vén: é unha responsabilidade de todas as persoas manter as praias limpas!

A xornada completouse cunha visita a Mugardos, nas que coñecemos de primeira man como é unha vila mariñeira, as súas embarcacións, os oficios relacionados co mar, como o marisqueo e a salazón, e máis algunhas lendas sobre o mar. Canto cousas fixemos nun só día!

 

+Fotos: 8

Deja un Comentario

Your email address will not be published.