Onde está agochado o sol?

A pesar de que as nubes tapaban a Lorenzo, puidemos comprobar como quentaba o noso forno solar, mentres nós remábamos á beira da costa e recollíamos refugallos pola praia, coa finalidade de clasificalos, a pesar de que tiñamos os ollos tapados!

As nenas e os nenos do CIP A Xunqueira (San Valentín, Fene), escorrentamos o frío como podemos. Nós tamén vivimos ao lado da ría e sabemos moi ben que o ceo é moi variable 😉