CEIP Manuel Masdías, Ferrol

De camiño á caseta de socorrismo buscamos algún esquío. Na area, xogos por grupos para clasificar refugallos. Xa no mar, chegamos aos barcos de pesca, pois hoxe remamos sen parar! Tamén tivemos sorte, xa que o sol non se deixou amedrentar polos cumulonimbos. Iso foi o que nos animou a darnos un baño nestas augas calmadas da ría. Non estaba tan fría como dicían…