Grazas polos vosos debuxos!

Recibimos os primeiros debuxos por parte do CEIP Os Casais, de Fene. No cuestionario de avaliación, o alumnado destaca como o máis valorado a propia saída en kaiak, remar e navegar con compañeiros e compañeiras. Din que botaron pouco tempo no mar! Se ben, hai opinións para todos os gustos, pois algúns barcos movíanse moito, foron moi lonxe e nos vestiarios non había moito espazo. Tomamos nota. Grazas polos vosos comentarios 😉