CEIP Couceiro Freijomil, Pontedeume

As nenas e nenos de 5º de Primaria do CEIP Couceiro Freijomil, en Pontedeume, achegámonos ao peirao de Miño e remamos, da man do Clube Deportivo Náutico, observando como cambia a paisaxe dende a auga e sentindo a enorme calma deste lugar. No mar, manexamos outra linguaxe, babor, estribor, proa, popa, eslora… Na terra, descubrimos outras realidades alleas a nós, tomando consciencia do normalizado que tiñamos certos recursos -como a auga potable- que sempre están aí. Sempre?