Persoas expertas que comparten o seu coñecemento e a súa experiencia

Maite Fernández é bióloga e leva case dúas décadas traballando na Confraría de Pescadores /as e Mariscadoras/es de Miño. Ela desfruta compartindo anécdotas, datos e nós aprendemos moito con persoas así. “Diferenciar no noso consumo as especies da zona das foráneas afecta á economía local”. Agora xa sabemos que o mexilón galego ten unha forma especial, non é curvado como no Mediterráneo e as ameixas finas son as autóctonas. Ensinounos que no substrato, na area, hai determinados bechos que canalizan e osixenan o lugar, facéndolle a vida máis fácil aos bibalvos. Grazas, Maite! Voltaremos de visita, seguro.