Labor de conscienciación da situación dos bancos marisqueiros a través da Confraría de Miño e Ondas de Ilusións

A COPE Ferrol entrevistou a Maite Fernández, coincidindo a nosa visita á bióloga da Confraría de Pescadores/as de Miño o pasado martes día 18 de xuño, na que aprendimos a valorar os moluscos da nosa zona e promover a economía das familias mariñeiras. Na nave da Confraría escoitábamos dicir precisamente isto a Maite, quen hoxe fixo unha declaración moi interesante en defensa dos controis sanitarios e do desenvolvemento da pesca e marisqueo galegos para a emisora de radio: https://www.cope.es/emisoras/galicia/a-coruna-provincia/ferrol/audios/mediodia-cope-ferrol-20-06-2019-20190620_781062