CEIP Juan de Lángara, Ferrol

Nesta ocasión viaxamos ao porto de Miño, onde tivemos unha gran acollida por parte de Juan, biólogo que participa no Clube Náutico de Miño -co que saimos a remar- e por Maite, da Confraría de Pescadores. Eles nos explicaron as características dos bivalvos nesta zona e que a lúa afecta aos ciclos das mareas. Non sabíamos que as ameixas poden ser “individuos masculinos ou femininos” e que a propia natureza se ocupa de nivelar os bancos marisqueiros… Tamén que precisamos depurar os bivalvos antes de consumilos. Vimos como os traballadores da confraría traían os poliquetos (o cebo que se emprega para pescar), que logo seleccionaron e pesaron para a súa posterior comercialización. Certamente, hoxe tivemos moitas experiencias novas, ademais de navegar nos kaiaks!