“Sábados en Familia”: Visita ao Museo de Historia Natural, Ferrol

Será o sábado 19 de outubro a partir das 12,00 horas, cunha duración estimada de 1 ½ hora. Contemplaremos resíduos fósiles, diversas coleccións de cunchas, o esquelete dunha balea, unha lura xigante e moitas máis sorpresas e curiosidades.

Para poder efectuar esta visita, as familias do alumnado xa participante en ONDAS DE ILUSIÓNS é preciso inscribirse, cumprimentando o Formulario que está no apartado de “Descargas” e envialo a ondasdeilusions@gmail.com. Bulide, xa que as prazas son limitadas e van por orde de recepción!

https://sghn.org/sghn/museo