Convivencia entre o CRA de Narón e o CEIP Plurilingüe A Laxe, de Ferrol

Compartimos bus, coa ansia de chegar á desembocadura do río, para subir nas embarcacións. Despois de remar con Antón, do KDM Cabanas, tivemos a visita, no pantalán de Valentín, quen nos explicou como faenan os mariscadores/as a flote co raño. Para finalizar a sesión, Samuel explicounos que “non hai 3 mundos”, senón que algúns países están empobrecidos e saqueados… Aí decatámonos de que debemos ser responsables no consumo, nos resíduos que xeramos e na enerxía que utilizamos. Vaia sorpresa coñecer as posibilidades do forno solar e do pastaurizador!