Valentín, o biólogo da Confraría de Pontedeume explícanos como se extraen os bivalvos do substrato…

Foi unha sorte poder contar coa visita e explicación, dende a súa propia lancha, de Valentín, biólogo da Confraría de Pescadores de Pontedeume. Valentín realiza mostreos na zona para saber como medran as ameixas e os berberechos, as ostras… en que zonas e en que situación están. El é de gran axuda para o sector do mar, pois realiza estudos e análises que permiten redactar plans e propostas de mellora dos bivalvos e doutras especies de cara a súa comercialización.