CEIP Recimil, Ferrol

Na mañá de hoxe descubrimos que a práctica do deporte activa a nosa mente e estamos máis receptivas e receptivos a novas emocións. A coordinación do propio corpo e en relación aos movementos do noso compañeiro/a de embarcación, determina o rumbo que collemos! No obradoiro de sensibilización medioambiental decatámonos de que a emerxencia climática está afectando á costa e ao nivel do mar. Se seguimos así, desaparecerán moitos lugares… Urxe mudar os nosos costumes.