CPI As Mirandas, Ares

Un 7 de outubro e temperaturas altas, moito sol. Tanto, que a auga dos nosos pasteurizadores solares estaba ben quentiña, o cal sorprendeunos. Iso na terra, mas na auga tivemos unha travesía ben longa, río arriba, pois o tempo acompañaba e ademais, imos dicilo, somos boas remeiras e remeiros. Puidemos ver como faenaban a flote varios mariscadores cos seus raños. Ameixa xapónica, fina, babosa e berberechos. Alí había gran variedade de moluscos…