CEIP Unión Mugardesa

O grupo de hoxe amosou que tiña unha conscienciación medioambiental acorde aos valores de ONDAS DE ILUSIÓNS. Así quedou reflectido durante o obradoiro, coas preguntas e suxestións no momento de reflexionar sobre os recursos naturais e a súa xestión no noso planeta. Xa na auga, tamén afloraron boas destrezas co remo e moita curiosidade ante os numerosos mariscadores que estaban extraendo bivalvos. Sodes un gran equipo!