CEIP Isaac Peral, Ferrol

Día soleado e tranquilo por fin, despois de cancelar a actividade deste centro con anterioridade por mor da climatoloxía. O forno e os nosos pasteurizadores solares funcionaron a pleno rendemento. No pantalán había unha gran impaciencia por emprender a travesía río arriba, para saudar aos mariscadores. Cos remos nós tamén tivemos moita enerxía e aproveitamos ben a xornada! Ogallá durase máis tempo esta excursión.