CEIP Piñeiros, Narón

Esta foi “a última saída á auga” da terceira edición de Ondas de Ilusións, co alumnado do CEIP de Piñeiros, Narón. Nenos e nenas de diferentes idades, que compartiron co seu profesorado a travesía alí onde se mestura a auga salgada coa auga dóce do río. Apañamos, incluso, algunha ameixa grazas á colaboración dos mariscadores que faenaban a flote. Por outra banda, en ambos grupos dos obradoiros medioambientais recibimos un sinfín de preguntas sobre a contaminación e o uso da enerxía solar para pasteurizar a auga e para cociñar. Mas, non nos despedimos aínda! Queda a visita guiada ao Museo de Historia Natural… que compartiremos en familia con outros centros escolares (Os Casais e Isaac Peral). Ate entón!