Embárcate nunha aventura golfa. Coñece os bechos da zona e fala coa xente do mar

Rutas en Kaiak polo río Eume e as rías de Ares e Miño en colaboración cos clubes deportivos emprazados na zona (Clube Deportivo Naútico de Miño e Clube Cabanas KDM), coñecendo as calas e o noso litoral dende outra perspectiva.

Na realización destas saídas colaboran as Confrarías de Pescadores e Pescadoras de Pontedeume e Miño, ademais de persoal técnico, que visitará ao alumnado, detallando aspectos sorprendentes do sector e do territorio.

Podes solicitar máis información e reservas en:

633 074 271

ondasdeilusions@gmail.com

Realmente coñezo o impacto da contaminación nos mares?

Durante as saídas realizaremos obradoiros medioambientais, adquirindo consciencia do tamaño real do problema da contaminación dos mares e coñecendo algúns recursos imprescindibles para darse conta do impacto real das nosas vidas no planeta. Aprenderemos algunhas ferramentas que posibilitarán a transición a un modelo máis sostible, a través de conceptos como sostibilidade, eficiencia, límites biofísicos, pegada ecolóxica ou mochila ecolóxica, estimando o impacto que tén a nosa propia pegada ecolóxica.

A pegada ecolóxica e cómo afecta ás nosas praias

Coñeceremos os problemas socioambientais aos que nos enfrontamos e tamén as consecuencias dos mesmos. A contaminación das augas, a acumulación de lixo, os proxectos urbanísticos, etc, teñen un impacto no medio natural mariño e as nosas costas.

Xincana de reciclaxe

Faremos un xogo por equipos que consistirá en clasificar resíduos. A xincana constará de varias accións, nas que os equipos porán a proba non só os coñecementos sobre reciclaxe senón tamén a súa habilidade, motricidade, traballo en equipo…

Construción dun pasteurizador solar

Para materializar a aprendizaxe anterior, e facendo uso de materiais de refugallo (cartón, aluminio, periódicos, botes de plástico, etc), elaboraremos un pequeno pasteurizador, qué é fundamental para lugares do planeta que non teñen acceso a auga potable, pois con moi poucos recursos podemos eliminar os organismos presentes na auga a través da enerxía do sol.

Mostra dun forno solar

Ademais, ensinaremos un forno solar elaborado por nós con materiais de refugallo, e explicaremos o seu funcionamento.